tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

REFORZOS NO TRANSPORTE URBANO

Servizos nocturnos e reforzos nas festas do Apóstolo 2018

19/07/18

As once noites comprendidas desde a noite do sábado 21 ao domingo 22 de xullo, ata a noite do martes 31 de xullo ao mércores 1 de agosto, terán servizo 12 liñas de transporte urbano:

*No enlace adxunto indícanse os traxectos e os horarios nocturnos que realizará cada liña. As liñas con servizo nocturno son: 1, 4, 5, 6, 7, 8, C11, P1, P2, P3, P7 e P8. Ademais, contarán coas seguintes prolongacións: Garabal-Son (L1), Casas Novas (L4), Rocha Vella (L5), Amio (L6), Bando-Vilamaior (L6), Fornás (L7), rúa Tambre-Boisaca (L8), Viso-multiusos (LC11) e Lamas de Abade (LP3).

*Reforzo nas liñas 1 e 6 o mércores 25 de xullo: a liña 1 entre as 8:00 e as 15:00 funcionará cada 20 minutos e prolongarase en todas as viaxes nese horario ao recinto feiral de Amio. A partir das 15:00 a frecuencia será de 30 minutos. A liña 6 contará con reforzo ao longo de todo o día, sendo os seus horarios como os de un festivo na tempada de inverno, cunha frecuencia de 30 minutos.

-Saídas de San Marcos: de 7:30 a 23:00, cada 30 minutos (por Amio, ás 8:00 e ás 11:00; por Asilo, ás 16:30).

-Saídas de Os Tilos: de 7:15 a 22:45, cada 30 minutos (por Amio, o servizo das 22:15).

As restantes liñas do transporte urbano o día 25 terán horarios de festivo durante todo o día.


Documentación