tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS

Servizo de transporte á XLIV edición da Festa do Escalo 2018 (domingo 22/7/2018)

20/07/18

O domingo 22 de xullo, a liña P6 do transporte urbano realizará un servizo especial ata a área recreativa de Chaián, con motivo da edición anual da festa do Escalo:

A liña contará cós seguintes horarios o domingo 22 de xullo:

*Saídas da rúa da Rosa con destino a Chaián: 10:00 12:00 14:00 16:00 18:00 20:00 22:00.

*Saídas de Chaián con destino á rúa da Rosa: 10:30 12:30 14:30 16:30 18:30 20:30 22:30.

A liña realizará as paradas habituais da liña P6 do transporte urbano: rúa da Rosa, Xeneral Pardiñas, pza. Galicia, Ensinanza, Virxe da Cerca, San Roque, Basquiños, Pastoriza, San Caetano, Cruceiro da Coruña, prolongándose desde o polígono do Tambre ata o lugar de Chaián.