tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P1 por corte de tráfico en Carme de Abaixo (martes 7 e mércores 8 de agosto, entre as 8:00 e as 20:00)

03/08/18

Debido a un corte de tráfico na rúa Carme de Abaixo, o martes 7 e mércores 8 de agosto, entre as 8:00 e as 20:00 cada un dos días, a liña P1 realizará o seguinte desvío nos dous sentidos de circulación:

*Liña P1, entre as 8:00 e as 20:00, martes 7 e mércores 8/8: desvío por Galeras, costa de Casas Novas e rúa Monte Pío.

Quedarán suprimidas nese horario as seguintes paradas:

-224 e 225 (Cruceiro do Gaio). Paradas alternativas máis próximas: 265, Galeras nº 16A (sentido Figueiras) e 267, Galeras nº 5 (sentido estación de autobuses).

-163 e 164 (Carme de Abaixo). Paradas alternativas máis próximas: 162 e 165, no cruce entre Monte Pío e Carme de Abaixo.

Todas as paradas do transporte urbano no itinerario de desvío serán realizadas pola liña a demanda de usuarios.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.