tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 7 por corte de tráfico na rúa Castrón Douro (a partir do luns 20/8/2018)

13/08/18

Có inicio das obras na rúa de Castrón Douro o vindeiro luns 20 de agosto, a liña 7 do transporte urbano realizará o seguinte desvío:

*Liña 7, saídas desde rúa Valle Inclán en sentido Aríns e Fornás:

Desde o inicio de servizos da liña 7 o luns 20 de agosto, as saídas da rúa Valle Inclán farán o seu percorrido habitual ata a parada da praza de Galicia, desde onde se desviarán por Doutor Teixeiro, rúa do Hórreo, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro e Curros Enríquez, para continuar o percorrido habitual polo barrio de Sar.

A consecuencia do desvío, quedará suprimida a parada da rúa Patio de Madres. Os usuarios desta parada poden dirixirse á parada próxima da rúa Fonte de Santo Antonio nº 3. 

A parada situada na rúa Castrón Douro cruce con Curros Enríquez realizarase no mesmo cruce pero na rúa de Curros Enríquez, por donde ven o autobús desviado.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.