tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos nalgunhas liñas por corte de tráfico na rúa do Pombal (venres 24/8 de 20:00 a 22:30)

23/08/18

Con motivo da ceremonia de saída do Rally Botafumeiro desde Porta Faxeira, a rúa do Pombal en sentido de subida cara o centro da cidade pecharase ao tráfico entre as 20:00 e as 22:30 do venres 24 de agosto:

A consecuencia deste corte, no horario indicado, as liñas 4, 9, C4, P1 e P7 procedentes de Galeras e Cruceiro de Gaio realizarán o seguinte desvío:

*Liñas 4, 9, P1 e P7: desde Cruceiro de Gaio desviaranse por Poza de Bar, avda. das Burgas, avda. da Coruña, Rosalía de Castro e avda. Xoán Carlos, retomando os seus itinerarios habituais na parada da rúa da Senra.

Quedará suprimida nese horario a parada 553, San Clemente (Alameda). Os usuarios poden dirixirse á seguinte parada das liñas, na rúa da Senra nº 13.

*Liña C4: o derradeiro servizo do día na liña C4 ten saída da estación de autobuses ás 19:45. Se cando faga o paso por Pombal a rúa aínda está aberta ao tráfico, o autobús realizará o seu itinerario e paradas habituais. Se pola contra xa se fixo efectivo o corte, a liña desde Cruceiro de Gaio desviarase por Poza de Bar, avda. das Burgas e avda. da Coruña, retomando o seu itinerario na rúa Rosalía de Castro.

Se necesita realizar o desvío, quedarán suprimidas nese horario para a liña C4, as paradas 553, San Clemente (Alameda) e 113, avda. Xoán Carlos I (igrexa do Pilar). Os usuarios poden dirixirse á seguinte parada da liña, en Rosalía de Castro nº 96.