tussa

Combici

concello de santiago


Novas

SEGUNDA FASE DA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO TRANSPORTE URBANO "TES MÁIS BUS"

SEGUNDA FASE DA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO TRANSPORTE URBANO "TES MÁIS BUS"

01/02/10
O concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves e o xerente de TUSSA, José Ramón Mosquera, presentaron no día de hoxe a segunda fase da campaña de promoción do transporte urbano, iniciada no pasado mes de decembro.

O plato forte da campaña é a entrega de obxectos promocionais o próximo mércores día 3, nos autobuses e nalgunhas das paradas da rede de transporte urbano:

Nas paradas de Virxe da Cerca (praza de Abastos), praza de Galicia, Xeneral Pardiñas e estación de autobuses, entregaranse os chaveiros promocionais da campaña.

Neste mesmo día, e ata finalizar as existencias, os condutores das liñas da rede de transporte urbano da cidade entregarán a todas aquelas persoas que adquiran ou recarguen a súa tarxeta unha memoria USB.

Con este lanzamento preténdese fixar a imaxe para todo o transporte urbano así como promocionar o uso do mesmo entre o noso público obxectivo.