tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 4 por obras na rúa das Cancelas (a partir do xoves 8/11/2018)

06/11/18

Con motivo do corte de tráfico que terá lugar na rúa das Cancelas no acceso desde a praza de España, a liña 4 realizará os seguintes desvíos a partir do xoves 8 de novembro e cunha duración estimada de 3 semanas:

*Servizos con destino As Cancelas: a liña 4 non perderá ningunha das paradas habituais. Desde a praza de España os autobuses irán ata a rotonda coa avda. do Camiño Francés para realizar o cambio de sentido e acceder á costa das Cancelas.

*Servizos con saída de As Cancelas en sentido Romaño: a liña desviarase en todos os seus servizos por Mallou (có mesmo percorrido que a prolongación que fai a determinadas hora do día). Quedará suprimida a parada 489, rúa das Cancelas (costa). Os usuarios poden dirixirse á parada anterior, na rúa das Cancelas nº 47.

A liña realizará as paradas da zona de Mallou en todos os servizos a demanda de usuarios, se ben as paradas do carril de servizo da avda. Cruceiro da Coruña realizaranse exclusivamente nas prolongacións por Mallou establecidas nos horarios, indo os autobuses pola vía principal nas restantes horas.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.