tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Paradas suprimidas no carril de servizo do Cruceiro da Coruña (xoves 27 e venres 28/12)

26/12/18

Con motivo do pintado e finalización das obras que se realizará no carril de servizo do Cruceiro da Coruña (sentido saída), as liñas circularán polo carril central:

A partir das 9:00 do xoves 27 e o venres 28 de decembro, as liñas 1, P2 (prolongacións a Son), P4 e P6 do transporte urbano circularán pola parte central da vía en sentido de saída da cidade, quedando suprimidas as seguintes paradas:

*545, Cruceiro da Coruña nº 24.

*546, Cruceiro da Coruña nº 52.

*74, Cruceiro da Coruña, cruce Mallou.

As paradas alternativas serán a anterior e posterior das liñas á zona de corte, respectivamente, 551 San Caetano igrexa e 252 Meixonfrío rotonda.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.