tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte de tráfico na rúa de San Pedro (domingo 30/12, de 16:00 a 18:00)

28/12/18

Con motivo dunha rondalla que terá lugar na rúa de San Pedro, a liña C11 realizará o seguinte desvío:

Entre as 16:00 e as 18:00 aproximadamente, a liña C11 desviarase pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64 (parada alternativa máis próxima: avda. Rodríguez de Viguri, rotonda Concheiros).

Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas pola liña C11.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.