tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 8 por corte de tráfico na urbanización Brandía (venres 8/11 desde as 14:00)

07/11/19

O venres 8/11 a partir das 14:00 e ata a finalización dos servizos do día, estará cortado o paseo da Quinta na urbanización de Brandía.

A liña 8 do transporte urbano no poderá acceder á urbanización, realizando a derradeira parada antes da rotonda de acceso na AC-543, no entorno da nave Calefon, para voltar desde alí cara o centro cambiando o sentido na rotonda.

Quedarán suprimidas a partir das 14:00 as paradas dentro da urbanización: 632, urb. Brandía e 633, urb. Brandía 2.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.