tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 8 por corte de tráfico no Camiño dos Vilares (a partir do mércores 25/3/2020)

25/03/20

Por corte de tráfico no cruce entre o Camiño dos Vilares e rúa do Río, a liña 8 realizará os desvíos que se indican.

*Sentido C. Vilares - Vidán:

A liña desde a rúa do Río desviarase por Manuel María, rúa dos Camiños da Vida e retomará o seu itinerario habitual no Camiño dos Vilares.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (531) Rúa do Río nº 60, (145) Camiño dos Vilares nº 133 e (144) Camiño dos Vilares nº 103.

*Sentido Vidán – C. Vilares:

A liña realizará o seu itinerario habitual por Camiño dos Vilares ata o cruce coa rúa Camiños da Vida, desviándose por esta rúa, rúa Manuel María, rúa do Río, rúa do Tambre ata a terminal de liña.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (149) Camiño dos Vilares nº 88, (141) Camiño dos Vilares (Follas Novas), (146) Camiño dos Vilares nº 172, (140) Camiño dos Vilares (Cañoteira) e (143) Camiño dos Vilares (rúa dos Vilares).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.