tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por peonalización de varias rúas do Ensanche (sábado 6 a partir das 12:00 e domingo 7 de maio ao longo de todo o día)

05/06/20
As liñas 5, C2, C11 e P6 realizarán os desvíos indicados, nos servizos a partir das 12:00 do sábado e nos do domingo todo o día.

Quedan suprimidas as seguintes paradas:

-433 República do Salvador (liña 5)

-589 Santiago de Chile, cruce con Frei Rosendo Salvado (liña C2)

-590 Santiago de Chile nº 31 (liña C2)

-673 Xeneral Pardiñas nº 35 (liñas 5, C11 e P6)

-674 Xeneral Pardiñas nº 7 (liñas 5, C11 e P6)

*Liña 5:

-Traxecto Vite – Rocha: desde Doutor Teixeiro desviarase pola rúa da Rosa, San Pedro de Mezonzo e pza. Roxa.

-Traxecto Rocha – Vite: desde República Arxentina desviarase pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e cambio de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

*Liña C2: desde a rúa da Rosa desviarase por Romero Donallo, cambio de sentido na rotonda de confluencia con Rosalía de Castro e itinerario habitual pola avda. de Vilagarcía.

*Liña C11: desde a rúa Santiago de Guayaquil desviarase pola rúa do Hórreo e cambio de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

*Liña P6:

-Traxecto Rosa - Pol. Tambre: desde República Arxentina desviarase pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e cambio de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.