tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Actualización das medidas acordadas para a prevención do Coronavirus e novos horarios no transporte urbano (luns 15/6/2020)

12/06/20

O venres 8 de maio, a sesión da Xunta de Goberno Local acordou novas medidas no ámbito do transporte urbano. Actualízase a información ata hoxe:

*Haberá uns NOVOS HORARIOS no transporte urbano, que entran en vigor o luns 11 de maio. Estes horarios están adecuados á demanda actual do servizo. Manterase un servizo continuo e de garantía das liñas que cobren os centros hospitalarios, favorecendo os desprazamentos a usuarios e persoal sanitario. A meirande parte das liñas contará con servizo de transporte a pesar da reducción de frecuencias, garantindo os desprazamentos a primeira hora, mediodía e noite.
Toda a información detallada dos horarios das distintas liñas poden atopala no enlace adxunto.



Ao longo da fin de semana actualizaranse os horarios na información da propia web e app móbil, para que estean a disposición dos usuarios nas distintas vías.




MEDIDAS ACORDADAS:
*É obrigatorio o uso de máscaras nos transportes públicos.

*Haberá dispensadores de gel hidroalcohólico a disposición dos usuarios.


*A partir do luns 15 de xuño volverase ao cobro nos autobuses en condicións normales, tanto a venda de billetes en efectivo como a venda e recarga de tarxetas bono. Pregamos aos usuarios e usuarias do servizo que na medida do posible continúen a empregar os distintos bonos de transporte admitidos, e no caso de ter que usar efectivo para mercar billete ou recargar a tarxeta, que sexa empregando o importe exacto.


Documentación