tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na rúa de Madrid (4 e 5 de agosto) e na rúa Santiago León de Caracas (5 e 6 de agosto)

31/07/20
Con motivo de dous cortes de tráfico nas rúas de Madrid e Santiago León de Caracas, varias liñas do transporte urbano terán que realizar desvíos:

*Corte de tráfico na rúa de Madrid (martes 4/8 a partir das 8:00 e mércores 5/8):

Afectará ás liñas C2, C5, C6 e C11, as cales a partir do momento de corte continuarán o seu percorrido pola rúa París en sentido de baixada.

Quedarán suprimidas para estas liñas as paradas: 300 rúa Madrid nº 17; e 132 rúa Bruxelas. Realizaranse dúas paradas eventuais na rúa París, nas proximidades das paradas anuladas:

-Rúa París, antes do cruce coa rúa de Praga.

-Rúa París, antes do cruce coa rúa de Bruxelas.

*Corte de tráfico na rúa Santiago León de Caracas (mércores 5/8 e xoves 6/8 entre as 8:30 e as 12:00 os dous días):

Afectará ás liñas 6, 12, C5 e P3 en sentido a Pontepedriña, que continuarán pola rúa da Rosa e Fernando III O Santo, retomando o seu itinerario na rúa do Hórreo.

Quedará suprimida neste horario a parada 591, Santiago León de Caracas (centro de saúde). Os usuarios poden dirixirse á parada da rúa da Rosa.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.