tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Ampliación do percorrido da liña 6 ata o aeroporto (a partir do 23/12/2020)

22/12/20

A partir do vindeiro 23 de decembro de 2020 e ata a adxudicación do novo contrato, a liña 6 do transporte urbano prestará o servizo ao aeroporto e á Lavacolla.

Na meirande parte do tempo, a frecuencia do autobús ao aeroporto, que ata o de agora era de 30 minutos, será de 20.

A liña 6 do transporte urbano incorpora as seguintes paradas situadas entre San Marcos e o aeroporto Rosalía de Castro: N-634, rotonda CRTVG; Xan Xordo; Lavacolla; N-634, Hotel Garcas; Cruce Mourentán (Correos); N-634, Casa Lorenzo; e Aeroporto – Chegadas. As prolongacións a Bando, Vilamaior e ASPAS que se facían coa liña 6 levaranse a cabo con outro bus, a través da liña P5.

As tarifas para estas novas paradas serán as de aplicación no transporte urbano, sendo tamén válidos os mesmos títulos de viaxe que se poden empregar nas restantes liñas da rede.

Poden consultar a información horaria nos enlaces adxuntos.