tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Novos desvíos na zona de Conxo (a partir do luns 25/1 ás 8:30)

21/01/21

Con motivo de novos cortes de tráfico debido ás obras na zona do Campo de Conxo, as liñas que circulan pola zona terán que realizar os desvíos indicados:

*Continuará a realizarse o desvío en vigor actualmente das liñas 5, 12 e C4 cara o centro da cidade:

-Desde a Benéfica de Conxo cara a rotonda de Conxo, as liñas 5 en sentido Vite, 12 e C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido na rotonda de nova creación, voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itineario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).

Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).

*Novo desvío por corte da circulación desde a rotonda de Conxo ao Campo de Conxo:

Os autobuses das liñas 5 e C2 non poderán circular nese sentido de circulación.
-A liña 5 en sentido Rocha: desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Volta do Castro (sentido sur, cara Rocha) e retomando o itinerario na rúa Poza Real de Abaixo (Santa Apolonia).

-A liña C2: desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Volta do Castro (sentido norte, cara hospital Clínico) e retomando o itinerario no acceso ao hospital Clínico pola Travesa da Choupana.

Novas paradas suprimidas:

Liña 5 sentido Rocha:

155, Campo de Conxo (psiquiátrico)
127, Benéfica de Conxo (Televés)

626, Torrente (cruce Travesa Benéfica de Conxo)

628, Torrente nº 28; 246, Torrente (cruce Volta do Castro)

Os usuarios da liña 5 que desexen baixar nestas paradas terán que baixarse na parada de Poza Real de Abaixo, Santa Apolonia, ou ben continuar o percorrido ata a finalización da liña na Rocha e baixarse nelas cando o autobús vai cara o centro, abonando un único billete.

Liña C2:

155, Campo de Conxo (psiquiátrico)
127, Benéfica de Conxo (Televés)

284, Ildefonso Sánchez Mera (residencia)

684, Feliciano Barrera Fernández (aparcadoiro)

A parada alternativa máis próxima ás dúas primeiras será na rúa Sánchez Freire; ás dúas últimas, na avda. da Liberdade, cando a liña vai cara o centro despois de sair do hospital Clínico.