tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas de transporte urbano por corte de tráfico na rúa Concheiros (a partir do luns 19 de abril de 2021)

13/04/21

Ao desvío que están a realizar as liñas 9, 13 e C5, súmase a liña C11 a partir do luns 19 de abril, polo corte de tráfico de Concheiros tamén no sentido de circulación cara a avda. de Lugo.

*Novo desvío na liña C11: desde Virxe da Cerca desviarase por San Roque, Basquiños, Pastoriza, Anxo Casal e Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario cara Fontiñas a partir da avda. de Lugo.

Paradas suprimidas: 397, Porta do Camiño; 511, rúa de San Pedro nº 58; 219, Cruceiro de San Pedro; 197, Concheiros nº 64.

Paradas alternativas no desvío: 572, San Roque / 367, Pastoriza nº 22 / 535, Rodríguez de Viguri. (Concheiros) (1) A liña C11 realizará a parada 535 nos dous sentidos de circulación da liña, tanto cando vai de Fontiñas a Xeneral Pardiñas, como cando ven desviada desde San Roque ata Fontiñas.

*Desvío actual nas liñas 9, 13 e C5, nos traxectos desde Fontiñas e avda. de Lugo en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval: desvío pola avda. Rodríguez de Viguri, Anxo Casal, Pastoriza e rúa de San Roque, continuando desde ahí cós seus itinerarios habituais.

Paradas suprimidas: 196, Concheiros nº 39; 220, Cruceiro de San Pedro; 154, Campo da Angustia; 557, San Domingos de Bonaval; 639, Valle Inclán (La Salle).

Paradas alternativas no desvío: 366, Pastoriza nº 103A. / 573, San Roque nº 21.


Documentación