tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Cambio de ubicación de paradas con motivo das obras na rúa do Hórreo (a partir do martes 7/9/2021)

06/09/21

Con motivo das obras que comezan na rúa do Hórreo, dúas paradas do transporte urbano moveranse uns metros a unha nova localización:

*Liña C2: a parada 694 (rúa do Hórreo, cruce con Santiago León de Caracas) trasládase uns metros adiante na mesma rúa, no treito comprendido entre as rúas San Pedro de Mezonzo e Fernando III.

*Liñas 6, 6A, 12, 15, C4, C5, P3: a parada 591, Santiago León de Caracas (E. Intermodal) quedará anulada e trasládase á rúa paralela, Fernando III, antes da confluencia coa rúa do Hórreo.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.