tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na rúa dos Concheiros (luns 8, martes 9 e mércores 10 de agosto, entre as 15:00 e a finalización dos servizos)

03/08/22

Con motivo dun corte de tráfico na rúa dos Concheiros, as liñas 9, 13, C5 e C11 realizarán os seguintes desvíos:

Os desvíos serán efectivos cada un dos tres días, a partir das 15:00 e ata a finalización dos servizos do día.


*Desvío liña C11 cara Fontiñas (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

Desde Virxe da Cerca, desviarase pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na avda. de Lugo.



Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño (parada alternativa máis próxima: 662, Virxe da Cerca, pza. de Abastos)

-511 Rúa de San Pedro nº 58

-219 Cruceiro de San Pedro (parada alternativa máis próxima: 197, avda. Lugo (st. Fontiñas)




*Desvío liñas 9, 13 e C5 (desde avda. de Lugo a Concheiros – Bonaval - San Roque):
Desde a avda. de Lugo, desviaranse continuando pola avda. Rodríguez de Viguri, Anxo Casal, Pastoriza e rúa San Roque, continuando cós seus itinerarios habituais.



Paradas suprimidas:

-196 R. Viguri, acceso Concheiros (parada alternativa máis próxima: 87, Rodríguez de Viguri, cruce Monte dos Postes)

-220 Cruceiro de San Pedro

-154  Campo da Angustia

-557  San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: 660, Virxe da Cerca, pza. de Abastos).

-639  Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: 573, rúa de San Roque).



Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas a demanda de usuarios.



Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.