tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

O Concello de Santiago mantén os descontos do 50% nos bonos multiviaxe do bus urbano

03/07/23

O Concello asume unha bonificación do 20% que se suma á do 30% establecida polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Os prezos dos bonos multiviaxe do autobús urbano manterán o actual desconto do 50% ata o próximo 31 de decembro, grazas ao 20% de bonificación municipal que se suma á do 30% establecida polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O Concello de Santiago súmase así á liña de axudas financiadas polo Goberno Central, no marco do decreto-lei de medidas para facer fronte á inflación que vén de ser prorrogado ata final de ano.

Tras a publicación no BOE da prórroga do decreto-lei, o Concello manterá tamén as achegas propias para que os descontos nos bonos alcancen o 50%. Ata o próximo 31 de decembro, o prezo do bono ordinario manténse en 0,30 euros por viaxe; o bono escolar en 0,20 euros, e o bono mensual en 13 euros. O desconto aplicarase directamente ao recargar os bonos, sen necesidade de ningún outro trámite. Pódense empregar as tarxetas bono actuais, polo que non é preciso adquirir unha nova tarxeta se xa se conta cos bonos ordinarios, escolar ou mensual.