tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Reapertura ao tráfico na avda. Rodríguez de Viguri (liñas 6, 6A, 9, C4, C6 e P5)

04/09/23

A partir do martes 5 de setembro, coa reapertura ao tráfico na avda. Rodríguez de Viguri, as liñas 6, 6A, 9, C4, C6 e P5 voltarán a realizar os seus percorridos habituais pola zona:

Non obstante, as paradas (533) avda. Rodríguez de Viguri, sentido de baixada (lateral antiga estación) e (108) avda. Rodríguez de Viguri nº 16, sentido de subida continuarán anuladas.
As paradas alternativas a estas serán as seguintes:

*Sentido de baixada (cara rotonda con Monte dos Postes):

1.LIÑAS 6, 6A e P5 – sentido San Marcos e AEROPORTO (6, 6A) – Bando e Vilamaior (P5). Realizarán como parada alternativa a parada temporal na rúa Monte dos Postes, despois da rotonda con Rodríguez de Viguri (beirarrúa do conservatorio).

Ao non facer xa o desvío e retomar o seu itinerario, estas liñas non realizarán a parada de San Caetano (igrexa) a partir do martes 5.

2.LIÑAS 9 e C6 – sentido Cidade da Cultura (L9) – Pol. Costa Vella (C6). Quedará suprimida a parada (533) avda. Rodriguez de Viguri, lateral antiga estación. Os usuarios poden dirixirse á anterior ou posterior parada de cada liña: (47) Anxo Casal (st. praza) ou (535) avda. Rodríguez de Viguri, desvío Concheiros.

*Sentido de subida (cara rotonda con Camiño Francés):

LIÑAS 6, 6A e P5 – sentido centro cidade. Realizarán como parada alternativa a parada temporal na rúa Monte dos Postes, antes de chegar á rotonda con Rodríguez de Viguri (beirarrúa fronte ao conservatorio).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.