(DESVÍO EN SENTIDO SUR DE CIRCULACIÓN, liñas 5 e C2):Desde a rotonda de Conxo cara o Campo de Conxo e Benéfica: os autobuses das liñas 5 a Rocha e C2 non poderán circular.
*Liña 5 sentido Rocha: desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Volta do Castro (sentido sur, cara Rocha) e retomando o itinerario habitual na rúa Poza Real de Abaixo (Santa Apolonia).
-Paradas suprimidas LIÑA 5 sentido Rocha:
(155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (626) Torrente, cruce Travesa Benéfica; (628) Torrente nº 28; (246) Torrente, cruce Volta do Castro.
Os usuarios que desexen baixar nestas paradas terán a alternativa, ben de baixar na parada de Santa Apolonia, ben continuar percorrido ata Rocha ou Rocha Vella e baixar na zona de Torrente e Benéfica de Conxo cando o autobús vai de novo cara o centro.
*Liña C2: despois de sair do hospital Provincial, desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Volta do Castro (sentido norte, cara o centro da cidade) e itinerario habitual cara o hospital Clínico.
-Paradas suprimidas LIÑA C2:
(155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (284) Ildefonso Sánchez Mera, residencia; (684) Feliciano Barrera (aparcadoiro).
(DESVÍO EN SENTIDO NORTE DE CIRCULACIÓN, liñas 5, 12 e C4):*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben avda. de Ferrol (liña 5), ben Ramón Baltar (liñas 12 e C4).
-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.