tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na rúa Fontes do Sar, sentido desde rúa Londres á rotonda do Vieiro (martes 25 de xuño, de 8:00 a 14:00)

19/06/24

Con motivo dun corte ao tráfico na rúa das Fontes do Sar no horario indicado, as liñas 9 e C6 realizarán o seguinte desvío:

Entre as 8:00 e as 14:00 do martes 25 de xuño:
*Liña 9 sentido cara Cidade da Cultura e liña C6: desde a rúa Londres desviaranse pola rúa Dublín e costa do Vieiro, retomando na rotonda o seu itinerario habitual cara o multiusos.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas:

(297) rúa Londres, instituto. Suprimida para a liña 9.

(494) rúa Fontes do Sar nº 4. Suprimida para as liñas 9 e C6.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.