DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO
O vindeiro 10 de setembro entrarán en vigor como cada ano os horarios de inverno no transporte urbano. Consulten os cambios máis destacables e a información completa nos documentos que se achegan.
SERVIZOS ESPECIAIS
Consulten os servizos de transporte para asistir ao concerto de Mark Knopfler o vindeiro mércores 28 de xullo de 2010 no multiusos Fontes do Sar.
DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE
Os próximos días 10 e 11 de xuño terán lugar as IV Xornadas de Transporte e Mobilidade, organizadas por TUSSA e o concello de Santiago de Compostela, enmarcadas dentro da semana de transporte que vai comezar coa inauguración o día 9 de xuño dunha exposición de autocares antigos no paseo central da Alameda.
DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO
Coa recente reapertura da rúa República do Salvador (treito Doutor Teixeiro - Xeneral Pardiñas), a liña 5 en dirección Rocha recupera o seu itinerario habitual, voltando a realizar a parada da rúa República do Salvador.