tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Aviso legal

En cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, artigo 10, dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:

1. Datos da Sociedade

Nome social: Sociedade Municipal de Xestión de Transporte Urbano de Santiago de Compostela, SA
Domicilio social: praza do Obradoiro, s/n
Enderezo de correo electrónico: tussaa r r o b atussa.org Datos de Inscrición no Rexistro Mercantil de A Coruña: Tomo 2237, Sección Xeral, Folio 94, Folla núm. C-22761, Inscrición 1ª.
Número de identificación fiscal: A-15692890

2. Protección de datos

En cumprimento da Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, indicámoslle que os datos persoais que vostede os facilita de forma voluntaria, por calquera dos nosos medios de recollida de información, van a incorporarse a ficheiros automatizados de tratamento de datos de carácter persoal debidamente inscritos na Axencia Española de Protección de Datos.

Ditos ficheiros teñen como única finalidade a xestión profesional por parte da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, SA, quen é titular de ditos ficheiros. Os datos contidos neles trataranse de forma confidencial.

Para a realización da xestión antes mencionada pode ser necesario que se cedan os datos a encargados de tratamento, empresas colaboradoras e administracións públicas.

Infórmase da posibilidade de enviarlle información sobre actividades e servizos de interese aos que vostede presta o seu consentimento, e que, por calquera medio, puideran levar a cabo entes colaboradores do titular do ficheiro e o propio titular do ficheiro.

Esta autorización faise efectiva de forma retroactiva a calquera tratamento de datos feitos xa por parte do titular do ficheiro, sempre e cando a finalidade fora a anteriormente indicada. Tamén se fai efectiva para calquera outro tratamento necesario para a prestación de servizos de recente ou nova contratación.

Se desexa exercer o dereito de acceso, rectificación, oposición ou cancelación, dirixa un escrito a:

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, SA. Praza de Camilo Díaz Baliño, s/n. 15704 Santiago de Compostela. Fax 981 57 43 24. Correo electrónico: tussaa r r o b atussa.org

3. Usuarios

O acceso a e/ou uso do sitio web de tussa.org atribúe a quen o realiza a condición de usuario, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.

4. Uso do sitio web, os seus servizos e contidos

O usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido o uso da web con fins ilícitos ou lesivos contra TUSSA ou calquera terceiro, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

Respecto aos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos de TUSSA ou dos seus lexítimos titulares sobre os mesmos.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición os usuarios, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún ao sitio web de TUSSA.

5. Modificación unilateral

TUSSA poderá modificar unilateralmente, e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.

6. Hiperenlaces

O estabelecemento de calquera "hiperenlace" entre unha páxina web e calquera das páxinas web do sitio web de TUSSA estará sometido ás seguintes condicións:
  • Non se permite a reprodución total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web de TUSSA.
  • Non se estabelecerán deep-links coas páxinas web do sitio web nin dos seus servizos nin se creará un browser ou un border enviroment sobre as mesmas.
  • A páxina web na que se estabeleza o hiperenlace non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de estabelecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes a TUSSA.
  • Baixo ningunha circunstancia, TUSSA será responsábel dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web dende a que se realice o "hiperenlace" nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.

7. Exclusión de garantías e responsabilidade

TUSSA non outorga ningunha garantía nin se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran ter a súa causa en:
  • A falta dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da web e/ou dos seus servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ou validez da web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividade ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos usuarios, dos contidos.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes condicións xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición dos usuarios no sitio web.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios a través do sitio web.

8. Duración

A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido.

Sen prexuízo do anterior, TUSSA resérvase o dereito para interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo do web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición quinta.

9. Propiedade Intelectual

Aos efectos de preservar os posíbeis dereitos de propiedade intelectual, no caso de que calquera usuario ou un terceiro considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido na web, deberá notificar dita circunstancia a TUSSA indicando:
  • Datos persoais do interesado titular dos dereitos presuntamente infrinxidos. Se a reclamación a presenta un terceiro distinto do interesado, deberá indicar a representación coa que actúa.
  • Indicación dos contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa localización na web.
  • Acreditación dos citados dereitos de propiedade intelectual.
  • Declaración expresa na que o interesado se responsabiliza da veracidade das informacións facilitadas na notificación.
As marcas TUSSA e as correspondentes marcas gráficas son todas elas marcas rexistradas e queda prohibida a súa reprodución ou uso sen a autorización do seu titular.

A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos aportados por terceiros é da exclusiva responsabilidade dos mesmos.

10. Lexislación aplicable e Xurisdición

As presentes condicións xerais rexeranse pola lexislación española.

TUSSA e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puideran suscitarse ou acción exercitarse derivadas da prestación do servizo da web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí estabelecido. No suposto de que o usuario teña o seu domicilio fóra de España, TUSSA e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.