Rúa das Trompas, s/n
Telf: 981 575 522
tussaaparcadoiros

tussa.org
Aproximación
Servizos
Abonos e bonos
Dispoñemos de bono 24 horas, diúrno (de luns a domingo de 8.00 a 22.00 horas), nocturno (de luns a venres laborábeis de 19.00 a 8.00 horas; sábados, domingos e festivos 24 horas), mañá (de luns a domingo de 8.00 a 15.00 horas) e de tarde (de luns a domingo de 15.00 a 22.00 horas).
Solicitude de abono ao aparcadoiro en liña
Tarxeta aparcafácil
Existe unha tarxeta prepago que o cliente carga co importe que desexe. A gran vantaxe é que
TUSSA regala 10 minutos por cada hora de recarga.
Servizo de alcoholímetros
Os clientes que o desexen poden pasar de maneira gratuíta unha proba de alcoholemia. No caso de dar positivo, poden deixar o vehículo no aparcadoiro, desde ese momento, cun desconto do 50% do tícket.
Servizo de préstamo de paraugas
Poñemos a disposición dos nosos clientes o servizo de préstamo de paraugas.
Soliciten información ao persoal do aparcadoiro.
Outros servizos
- Aparcadoiro gratuíto, durante 30 minutos, para os pais dos alumnos dos colexios
Compañía de María,
Doña Enma,
San Francisco Javier para deixar e recoller aos nenos.
- Cobertura de móbiles de todas as compañías.