Data de publicación en web: 30/10/2017
APERTURA DO SOBRE Nº 3
Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas á apertura do sobre nº 3, que terá lugar o próximo venres 9 de marzo ás 13.45 horas no Concello (pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro).
APERTURA DO SOBRE Nº 2
Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas en prazo, á apertura do sobre nº 2, que terá lugar o próximo xoves, 21 de decembro, ás 14.15 horas no Concello (pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro).
O obxecto do contrato é o subministro, instalación e servizo de asistencia técnica de mantemento, durante o período de garantía, dun sistema de xestión, control e cobro no aparcadoiro e na dársena de autobuses de Xoán XXIII e no aparcadoiro de Belvís.
A adxudicación do contrato realizarase polo órgano de contratación, mediante procedemento aberto, tomando como base os criterios de adxudicación da cláusula 10 do prego administrativo.
O orzamento máximo de licitación, sen incluír o IVE, que deberá soportar TUSSA para o subministro, instalación e mantemento, en período de garantía, fíxase en 195.000,00 €.
O IVE correspondente (21% do orzamento base anterior) ascende a 40.950,00 €.
Neste orzamento de licitación está incluído o subministro, a instalación e o mantemento, durante o período de garantía, nos termos establecidos no prego técnico.
O importe do mantemento, xa incluído no importe de licitación, será como máximo de 4.000€/anuais para o aparcadoiro e dársena de Xoán XXIII e de 2.500€/anuais para o aparcadoiro de Belvís. Non se admitirán ofertas que superen ditos importes.
O contrato asinouse o 26 de xuño de 2018.
Estado do procedemento: Adxudicados
Tipo de contrato: Procedemento aberto
Prazo execución: O prazo de entrega do subministro establécese en tres meses desde a formalización do contrato.
A montaxe e instalación dos equipos e a posta en marcha deberá facerse nun prazo máximo de 10 días desde a entrega do subministro. No caso do aparcadoiro de Belvís, o prazo para a instalación e posta en marcha será de 10 días desde que TUSSA comunique á empresa adxudicataria a finalización das obras de renovación do aparcadoiro.
Respecto dos servizos de asistencia técnica de mantemento, establécese unha duración de DOUS ANOS desde a formalización da Acta de Recepción. Por cada instalación asinarase un Acta de Recepción, polo que as datas de inicio e finalización do contrato de mantemento poden ser diferentes.
Prazo de presentación de documentación: 30 DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación do anuncio no Boletín Oficial de A Coruña,
Publicación no Boletíns Oficiais:
BOP (30/10/2017)
Garantías e gastos aplicables: Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación.
Será por conta do adxudicatario o gasto desta publicación no Boletín Oficial de A Coruña
Clasificación e requisitos do contratista: Non se esixe
Lugar e presentación da documentación: Os licitadores poderán presentar as proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n-estación de autobuses, CP 15704 Santiago-A Coruña), en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Documentación e demais información: nas oficinas de TUSSA. Tfno. 981 56 82 10. Fax 981 57 43 24.