tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

Servizo de seguridade da estación de autobuses de Santiago

Data de publicación en web: 07/03/2018

APERTURA DO SOBRE Nº 2 

Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas en prazo, á apertura do sobre nº 2, que terá lugar o mércores 4 de abril, ás 13.50  horas no Concello (pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro). 

------  

O obxecto do contrato é o servizo de vixilancia e control de accesos das instalacións da estación de autobuses.

Consiste na vixilancia e control de accesos das instalacións da estación de autobuses, por medio dun vixiante de seguridade sen arma, todos os días do ano, en horario comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas.

O servizo enténdese de protección e vixilancia de:

  • Propiedade e os seus bens.

  • Control e cumprimento por parte dos usuarios das normas de seguridade.

  • Comunicación diaria por escrito de incidencias a TUSSA.

  • Apertura, peche e control de todas as portas exteriores da estación e activación e desactivación dos sistemas de seguridade instalados.

Importe sen IVE: 83.392,66 € (DEZAOITO MESES)

IVE (21%): 17.512,46 €

Importe total: 100.905,12 €

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Procedemento aberto, co único criterio do prezo

Prazo execución: O contrato terá un prazo máximo de execución de DEZAOITO MESES, a contar desde o día que se estipule no contrato.

O contrato poderase prorrogar por acordo expreso do órgano de contratación por períodos máximos de tres meses, se ben a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non excederá de 3 anos.

Esta prórroga será obrigatoria para o empresario, ao amparo do disposto no art. 23.2 do TRLCSP.

No caso de que o contrato se prorrogue, manteranse inalterados os prezos unitarios iniciais.

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial de A Coruña.

Publicación no Boletíns Oficiais:
BOP (07/03/2018)

Garantías e gastos aplicables: Garantía provisional: non se esixe
Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación

Clasificación e requisitos do contratista: Non se esixe

Lugar e presentación da documentación: Os licitadores poderán presentar as proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n-estación de autobuses, CP 15704 Santiago-A Coruña), en horas de 9 a 14.

Documentación e demais información: nas oficinas de TUSSA. Tfno. 981 56 82 10. Fax 981 57 43 24


Documentación