tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

Modelo instrución interna (pdf, 148k)


SERVIZO DE COBRO E CONTROL DE ACCESOS DO APARCADOIRO DE BORDE DE SANTA MARTA. Adxudicación definitiva

Data de publicación en web: 23/07/2010

O Consello de Administración de TUSSA, na súa sesión de 23 de xullo de 2010, acordou a ADXUDICACIÓN DEFINITIVA do servizo de cobro e control de accesos do aparcadoiro de borde de Santa Marta á empresa LIMCO, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA DE INTEGRACIÓN SOCIAL por importe de 29.406,90 euros anuais (IVE excluído), por un período de dous anos, coa posibilidade de prórroga ata un máximo de catro anos.

Estado do procedemento: Adxudicados


Concurso para a contratación do servizo de cobro e control de accesos do aparcadoiro de borde de Santa Marta, en Santiago de Compostela

Data de publicación en web: 12/05/2010

O obxecto do contrato é a realización do servizo de cobro e control de accesos do aparcadoiro de borde de Santa Marta.

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto.

Prezo licitación: Orzamento máximo de licitación: 44.759,00 euros anuais (máis o IVE)

Prazo execución: DOUS ANOS, podendo ser prorrogado anualmente ata un máximo de catro anos.

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOGA.


ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO APARCADOIRO DE BORDE DE SANTA MARTA

Data de publicación en web: 06/05/2010

O Consello de Administración de TUSSA, na súa sesión de 5 de maio de 2010, acordou a ADXUDICACIÓN DEFINITIVA das obras de construción do aparcadoiro de borde de Santa Marta á empresa CONSTRUCCIONES EN PIEDRA SIGRÁS, SL, por importe de 153.001,47 €, máis o IVE, unha redución do prazo de execución do 75,56 % e unha proposta para o desbrozado, limpeza e acondicionamneto do resto da parcela valorada en 10.114,68 €, máis o IVE.

Estado do procedemento: Adxudicados

Tipo de contrato: OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO APARCADOIRO DE BORDE DE SANTA MARTA