INFORMACIÓN DE TARIFAS NO TRANSPORTE URBANO
Pódese realizar unha nova solicitude ou ben, se xa conta cunha tarxeta, solicitar un duplicado por perda, roubo ou deterioro da orixinal.
Modalidades:
*Xubilado ou pensionista
*Persoa con diversidade funcional
*Persoa con carencia de recursos
O trámite realizarase de xeito presencial nas oficinas de TUSSA, situadas na rúa Clara Campoamor (estación intermodal) no seguinte horario:
-SOLICITUDE de tarxeta e duplicados:
*HORARIO DE VERÁN (ata o 1 de setembro): MARTES e XOVES laborables, de 9.00 a 14.00 horas.
*HORARIO DE INVERNO: De luns a xoves laborables, de 9.00 a 14.00 horas.
-RECOLLIDA de tarxetas:
*HORARIO DE VERÁN (ata o 1 de setembro): de luns a xoves, de 12.00 a 14.00 horas.
*HORARIO DE INVERNO:
-De luns a mércores laborables, de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.
-Os xoves laborables, de 12.00 a 14.00 horas.
No enlace adxunto poden consultar a documentación necesaria para realizar o trámite e descargar o modelo de solicitude a cubrir (MODELO 038):