tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 7 por corte de tráfico na zona de Cacharela (de mércores 27 a venres 29/7/2022, de 8:30 a 19:00)

22/07/22

Con motivo dun corte de tráfico en Cacharela, as viaxes a Fornás da liña 7 realizarán desvío, entre as 8:30 e as 19:00 do mércores 27, xoves 28 e venres 29 de xullo:

O desvío afectará aos dous sentidos de circulación da liña (soamente no autobús Valle Inclán - Fornás).

Desde Andrade, en lugar de ir pola rúa San Martiño, continuará pola AC-261 para chegar ata a terminal de liña en Fornás. As saídas desde Fornás cara o centro da cidade realizaranse facendo o mesmo desvío.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas, nos dous sentidos de circulación:

*539 e 541, rúa de San Martiño

*622 e 623, Teleclube

*005 e 006, A Cacharela

*201 e 202, Costa de Aríns

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.