tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Rebaixa dun 50% dos bonos multiviaxe do bus urbano

30/12/22

O Concello de Santiago continua a sumarse á liña de axudas financiadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que permitirá reducir o prezo dos bonos multiviaxe do bus urbano dende o 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2023, ambos incluídos.

Ao 30% de bonificación coa que contan estes títulos dende o mes de setembro, súmase un 20% aportado directamente polo Concello, de xeito que a redución total de precio para as usuarias e usuarios acada o 50%
A bonificación aplicarase aos seguintes títulos de viaxe:

* Bono ordinario: de 0,60 euros por viaxe (0,42 coa bonificación actual), pasa a 0,30 euros.

* Bono escolar: de 0,40 euros por viaxe (0,28 coa bonificación actual), pasa a 0,20 euros.

* Bono mensual: de 26,00 euros ao mes (18,20 coa bonificación actual), pasa a 13,00 euros.


Para desfrutar da bonificación non será preciso facer ningún trámite, máis que a recarga do bono. Pódense empregar as tarxetas bono actuais, polo que non é preciso adquirir unha nova tarxeta se xa se conta cunha dos tipos mencionados (ordinario, escolar ou mensual).