DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO
As centrais sindicais UXT, CCOO e CIG, convocan para o vindeiro venres día 31 de marzo de 2023 (entre as 00:00 e as 24:00 horas), unha xornada de folga no transporte de viaxeiros en autobús, que afectará ao servizo de transporte urbano da cidade dado que este réxese polo convenio provincial de A Coruña.
No documento adxunto achégase a relación de servizos mínimos. Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.