tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na rúa Xeneral Pardiñas (desde xoves 4 a sábado 6 de maio de 2023)

02/05/23

Nos horarios que se indican cada un dos días, as liñas 5, 13, 15, C11 e P6 realizarán os desvíos seguintes:

*Xoves 4 e venres 5, de 17:45 a 19:00
*Sábado 6, de 11:45 a 13:00

Quedan suprimidas as seguintes paradas:

-673 Xeneral Pardiñas nº 35

-674 Xeneral Pardiñas nº 7

Desvíos:

*Liña 5 (traxecto Rocha – Vite), liña 15 (traxecto Campus Sur - Campus Norte) e liña P6 (traxecto Rosa - Polígono do Tambre): desde República Arxentina desviaranse pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e cambiarán de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual 409 (pza. de Galicia, sentido norte).

*Liña 13: rematará o seu percorrido na pza. de Galicia, desde onde iniciará de novo cara Belvís.

*Liña C11: desde a rúa Santiago de Guayaquil desviarase pola rúa do Hórreo e cambiará de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual 409 (pza. de Galicia, sentido norte).


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.