tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (sábado 6/5/2023 desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día)

03/05/23

Con motivo da festa da Primavera no barrio de San Pedro, as liñas 9, 13, C5 e C11 realizarán os seguintes desvíos:

O sábado 6 de maio cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando ás liñas 13 e C11 (acceso desde San Pedro) e ás liñas 9, 13 e C5 (en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval).
*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

A liña C11 desviarase pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando desde ahí o seu itinerario habitual.

A liña 13 desviarase igualmente pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal, avda. Rodríguez de Viguri e rematando o seu traxecto na avda. de Lugo, cruce con Quiroga Palacios (parada 86).

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño. Liñas 13 e C11

-497 San Pedro (igrexa). Liña 13

-498 Calzada de San Pedro (Don Bosco). Liña 13

-499 Rúa de Belvís (convento). Liña 13

-111 Avda. Teodomiro (Seminario Menor). Liña 13

-416 Quiroga Palacios nº 10. Liña 13

-417 Quiroga Palacios nº 54. Liña 13

-511 Rúa de San Pedro nº 58. Liña C11

-219 Cruceiro de San Pedro. Liña C11



*Desvío sentido sur (desde Fontiñas e avda. de Lugo a Concheiros – Bonaval):

As liñas 9, 13 e C5 desviaranse pola avda. Rodríguez de Viguri, Pastoriza e rúa San Roque, continuando cós seus itinerarios habituais.

Paradas suprimidas:

-196 Avda. Rodríguez de Viguri, acceso Concheiros.

-220 Cruceiro de San Pedro.

-154 Campo da Angustia.

-557 San Domingos de Bonaval.

-639 Valle Inclán (La Salle).



Todas as paradas do transporte urbano nos percorridos de desvío serán realizadas polas distintas liñas a demanda de usuarios.


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.