tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos nas liñas 9, C5 e C6 por corte na rúa Diego Bernal (desde o luns 28/8 ao venres 1/9/2023)

24/08/23

Con motivo do corte total ao tráfico na rúa Diego Bernal (treito comprendido entre a rotonda de acceso á Cidade da Cultura e a rúa Ponte de Sar), as liñas 9, C5 e C6 realizarán os seguintes desvíos, cada un dos días entre as 8:30 e as 19:00.

*LUNS 28 e MARTES 29: Cortarase soamente a zona do multiusos, desviando o tráfico polo vial traseiro do mesmo. Quedará suprimida para as liñas 9, C5 e C6 a parada 324, multiusos Fontes do Sar.
*
MÉRCORES 30, XOVES 31 e VENRES 1: Cortarase ao tráfico desde a rotonda de acceso á Cidade da Cultura ata Ponte de Sar. Desvíos:
*Liña 9: desde a parada das piscinas, a liña accederá directamente á Cidade da Cultura e viceversa. Quedará suprimida a parada 324, multiusos Fontes do Sar.

*Liña C5: desde a rúa Ponte de Sar, ao non poder acceder a Diego Bernal, continuará por Ponte de Sar, rúa de Sar, Curros Enríquez, Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e retomará o seu itinerario na rúa de Londres.

Quedarán suprimidas as paradas 324 (multiusos Fontes do Sar), 383 (Piscinas Fontes do Sar) e 492 (rúa das Fontes do Sar).

*Liña C6: desde a rúa París, ao non poder posteriormente acceder á rúa Diego Bernal, desviarase ao final de París á esquerda cara a rúa de Londres, accederá ao carril de servizo da SC-20 en sentido centro, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez, rúa de Sar e retomará o seu itinerario habitual na rúa Ponte de Sar.

Quedarán suprimidas as paradas 494 (rúa Fontes do Sar nº 4), 493 (Piscinas Fontes do Sar) e 324 (multiusos Fontes do Sar).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.