tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por cortes de tráfico na rúa Fontes do Sar (xoves 18 de xullo, de 15:00 a 19:00)

01/07/24

Con motivo dun corte ao tráfico na rúa das Fontes do Sar no horario indicado, as liñas 9, C5 e C6 realizarán os seguintes desvíos:

*XOVES 18/7, de 15:00 a 19:00. Cortarase a rúa Fontes do Sar nos dous sentidos de circulación, no treito comprendido entre a rúa Londres e a rotonda do Vieiro.
-Liña 9 cara Cidade da Cultura e liña C6: desde a rúa Londres desviaranse pola rúa Dublín e costa do Vieiro, retomando na rotonda o seu itinerario habitual cara o multiusos.

Paradas suprimidas:

(297) rúa Londres, instituto. Suprimida para a liña 9.

(494) rúa Fontes do Sar nº 4. Suprimida para as liñas 9 e C6.

-Liña 9 cara pza. de Galicia e liña C5: desde a rotonda do Vieiro desviaranse pola costa do Vieiro e rúa Dublín, rúa Londres e cambio de sentido na rotonda da EGAP para realizar a parada habitual 296 na rúa Londres.

Paradas suprimidas:

(492) rúa das Fontes do Sar. Suprimida para as liñas 9 e C5.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.