TUSSA é unha sociedade mercantil que forma parte do sector público do Concello de Santiago, ten a consideración de poder adxudicador que non reúne a condición de Administración Pública os seus contratos teñen o carácter de privados, aos efectos do establecido na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP)
Os contratos de TUSSA réxense polas normas do Título I do LIBRO TERCEIRO da Lei de Contratos do Sector Público.
A información das licitacións iniciadas por TUSSA están aloxadas nos seguintes enlaces:
Data de publicación en web: 24/03/2014
O obxecto do contrato é a realización do servizo de explotación e xestión do servizo de cafetería e restaurante ou cafetería da estación de autobuses de Santiago de Compostela, situada na avenida Rodríguez de Viguri.
Os criterios de adxudicación son os sinalados na cláusula 10.3 do prego de cláusulas administrativas.
Estado do procedemento: En prazo de presentación
Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto
Prazo execución: DEZ ANOS
Prazo de presentación de documentación: TRINTA DÍAS NATURAIS, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.
Data de publicación en web: 25/11/2013
O Consello de Administración da Sociedade, reunido o 12 de novembro de 2013, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa COMPAÑÍA DE PROTECCIÓN Y VIGILANCIA GALAICA, SA, por un importe de 90.900 €, máis IVE, para os dous anos de contrato.
O contrato coa empresa adxudicataria formalizouse o 25 de novembro de 2013.
Estado do procedemento: Adxudicados
Data de publicación en web: 13/11/2013
O Consello de Administración da Sociedade, reunido o 12 de novembro de 2013, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa COMPAÑÍA DE PROTECCIÓN Y VIGILANCIA GALAICA, SA, por un importe de 90.900 €, máis IVE, para os dous anos de contrato.
A formalización do contrato efectuarase dentro dos quince días naturais seguintes a aquel no que a empresa reciba a notificación da adxudicación.
Unha vez formalizado o contrato, actualizarase neste perfil de contratante a data concreta na que se levou a cabo o citado trámite.
Estado do procedemento: Adxudicados