tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos de transporte para asistir ao partido de baloncesto Blu:sens Monbus - Caja Laboral (12/2/2012)

09/02/12

Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Blu:sens Monbus o domingo 12 de febreiro ás 12.30 horas no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11.30 h.


A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 11.45 h e 12.15 h. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.