tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas 5, 12 e C4 por corte na Avda. de Ferrol (8 e 9 de xuño)

04/06/13

O sábado 8 e domingo 9 de xuño, debido a un corte de tráfico na Avda. de Ferrol, as liñas 5, 12 e C4 do transporte urbano realizarán o seguinte desvío:

O desvío será efectivo estes dous días na totalidade dos servizos das tres liñas.

O corte de tráfico terá lugar no treito da avenida de Ferrol comprendido entre as rúas Conxo de Arriba e Xosé Pasín. 

Realizarán itinerario habitual ata a rotonda de Conxo, para desviarse por Antón Fraguas, Volta do Castro, rúa da Choupana, rúa Santa Marta de Arriba, rúa Emilia Pardo Bazán, rúa Xosé Pasín, desde a cal se incorporarán á avenida de Ferrol.

Quedará suprimida para estas liñas a parada da Avda. de Ferrol (praza da Mercé).

Como paradas alternativas, os usuarios poden dirixirse á parada posterior á suprimida, en Avda. de Ferrol (cruce con Xosé Pasín), ou ben ás paradas anteriores de cada liña (Psiquiátrico de Conxo ou rúa de Ramón Baltar).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.