tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos de transporte para asistir ao partido de baloncesto España - Macedonia (20/8/2013)

14/08/13
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido de baloncesto entre as seleccións de España e Macedonia,  o martes 20 de agosto ás 21.00 h no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 20.00 h.

A liña 9 do transporte urbano accede ao multiusos cunha frecuencia de 60 minutos ao longo de todo o día, con pasos aproximados pola rúa da Senra entre as e 35 e 40 minutos de cada hora. Outras paradas para coller esta liña están na rúa Galeras, rúa San Clemente (fronte a IES Rosalía de Castro), rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accede ao polígono de Fontiñas cunha frecuencia de 15 minutos, sendo a parada da rúa Londres a máis próxima ao multiusos Fontes do Sar. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Lembramos que debido ao corte ao tráfico da rúa de San Pedro, tanto a liña 9 como a C11 fan percorrido e paradas polas rúas de San Roque, Basquiños, Pastoriza, Anxo Casal e Avda. Rodríguez de Viguri (con parada alternativa á altura do mesón “A Roda”).

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.