tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico no acceso ao Hospital Clínico (rúa Travesa da Choupana)(desde 12/11/2013)

12/11/13

Debido ao corte total de tráfico no acceso ao hospital Clínico, desde o martes 12/11 ás 15:30 e mentres se prolonguen os traballos na rúa, as liñas que discorren pola zona realizarán o seguinte desvío:

* Liña 1: nos dous sentidos de circulación, accederá ao Hospital polas rúas Antonio Rama Seoane e Avda. de Barcelona. Quedarán suprimidas as paradas da rúa da Choupana: parada 463, rúa da Choupana nº 22 (direcc. hospital) e parada 187, rúa da Choupana (farmacia)(direcc. centro cidade). Os autobuses da liña realizarán unha parada alternativa na rúa Antonio Rama Seoane, o máis preto posible da rúa da Choupana, nos dous sentidos de circulación.

* Liña 12: quedará soamente suprimida a parada 463, rúa da Choupana nº 22 (direcc. hospital), facendo a alternativa no inicio de Antonio Rama Seoane.

* Liñas C2 e C4: realizarán a mesma entrada e saída no hospital, por Antonio Rama Seoane, facendo igualmente ditas paradas alternativas.

* Liña P2 (Ortoño): non sofrirá modificacións, realizando o seu percorrido habitual.

 

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.