tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte na rúa Doutor Teixeiro (domingo 13/4/2014)

10/04/14
Con motivo dun corte de tráfico este domingo día 13 de abril no primeiro treito da rúa Doutor Teixeiro (desde praza de Galicia ata rúa República do Salvador), as liñas 5, 6, P3 e o servizo ao aeroporto de Lavacolla

realizarán un itinerario de desvío:

O horario de corte será entre as 7:00 e as 20:00 (horario de finalización aproximado).

Ningunha das liñas afectadas deixará de realizar as súas paradas habituais. Farán a parada da praza de Galicia (Banco de Santander) e tamén as seguintes segundo a liña: República do Salvador (liña 5) e rúa da Rosa (liñas 6, P3 e aeroporto).

O desvío que realizarán os autobuses será o seguinte: praza de Galicia (parada Banco de Santander), cambio de sentido na praza, rúa Fonte de San Antonio, rúa Patio de Madres, rúa Castrón Douro, rúa Curros Enríquez, rúa Santiago de Guayaquil, rúa República do Salvador e itinerario habitual a partir deste ponto para cada unha das liñas.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.