tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Reapertura ao tráfico da rúa de San Pedro (luns 11/8/2014)

08/08/14
Unha vez rematadas as obras da rúa de San Pedro, a rede de transporte urbano recuperará os percorridos habituais das liñas ao longo desta rúa a partir do próximo luns día 11 de agosto.

As relacións de mobilidade previas ao peche desta rúa recuperarán a súa normalidade, mantendo a mesma estrutura xeográfica e horaria.

As liñas afectadas que voltan á situación habitual son:

Liña 6: San Marcos – Os Tilos.

Liña 9: Casas Novas – Viso – Cidade da Cultura.

Liña 13: Belvís – Xeneral Pardiñas.

Liña C6: Costa Vella – Amio – Paxonal – Costa Vella.

Liña C11: Circular Fontiñas.

Liña P4: praza de Galicia – Sionlla.