tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P2 por corte de tráfico na Ponte Vella de Vidán (desde o venres 24/4/2015)

21/04/15
A partir do venres 24 de abril, con motivo do peche ao tráfico na Ponte Vella, a liña P2 realizará o seguinte desvío:
*Venres 24 de abril e cunha duración aproximada de 6 días:

Corte total ao tráfico da estrada na Ponte Vella de Vidán, afectando á liña P2 (estación de autobuses - Ortoño).

Esta liña desviarase nos dous sentidos de circulación. Desde a rotonda de Vidán, irá pola AC-543 (estrada de Noia), rúa da Xunlla e retomará o seu itinerario en Laraño.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación): rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478) e Amañecida (paradas 38 e 39).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.