tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Novo corte de tráfico no carril de servizo da avda. Cruceiro da Coruña (luns 12/12/2016)

09/12/16

Para o remate das obras, cortarase o luns 12 de decembro o carril de servizo da avda. Cruceiro da Coruña en dirección centro, desde o inicio do mesmo, de xeito que os autobuses non poderán acceder á rúa do Tambre para realizar o desvío actual:

Desde o momento en que os autobuses non podan acceder ao carril de servizo e ata a súa reapertura (prevista para a tarde do luns), irán pola vía principal da avenida, quedando suprimidas dúas paradas:

-Parada 73, avda. Cruceiro da Coruña, Meixonfrío.

-Parada 544, Salgueiriños, aparcadoiro.

As liñas afectadas son: liña 1, liña 4 (prolongacións por Mallou), liña P2 (prolongacións a Son), liña P4 e liña P6.

As paradas alternativas máis próximas por liña son:

*Liñas 1, P4 e P6: parada 72, avda. Cruceiro da Coruña (EGASA); parada 552, San Caetano parque.

*Liña 4 (prolongación Mallou): parada 302, rúa de Mallou; parada 552, San Caetano parque.

*Liña P2 (prolongación a Son): continuará a facer o desvío actual: rúa do Tambre, rúa do Río, rúa Manuel María e Irmandiños, polo que as paradas alternativas son as actuais, en rúa do Tambre nº 61 e á altura do cruce entre Manuel María, Irmandiños e Camiños da Vida.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.