tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por cortes na avda. de Lugo e rúa Benéfica de Conxo (luns 13/3/2017)

13/03/17

O luns 13 de marzo en horario de mañá, as liñas 5, 13, C2 e C11 realizarán os seguintes desvíos:

*Por corte no carril de servizo da avda. Lugo, sentido sur, as liñas 13, C2 e C11 circularán pola vía principal, sen realizar a parada 93 (avda. Lugo nº 263). A parada seguinte, no cruce con Quiroga Palacios realizarase na reincorporación ao carril de servizo.

*Por corte na rúa Benéfica de Conxo, sentido Rocha:

-A liña 5 desde a rotonda de Conxo irá polo periférico ata Rocha, realizando as paradas de Benéfica e Torrente no percorrido de volta.

-A liña C2 desde a rotonda de Conxo irá polo periférico, Volta do Castro, aparcadoiro de Santa Marta e hospital Clínico, sen realizar as paradas de Benéfica de Conxo e Ildefonso Sánchez Mera.

Rogamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.