tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de inverno 2017-2018 no transporte urbano

07/09/17

O luns 11 de setembro entran en vigor os horarios de inverno no servizo de transporte urbano.

Non se realizarán modificacións substanciais con respecto á pasada tempada de inverno. A única variación terá lugar na liña 6, motivada pola obras que se están a realizar na Ponte de San Lázaro. Dita liña modificará lixeiramente a súa frecuencia e os seus horarios de prolongacións mentres duren as obras. Adxúntase o enlace aos horarios de saídas completos da liña 6, que funcionarán a partir do luns 11 de setembro.

Poden coñecer toda a información na nosa páxina web www.tussa.org. Ademais, editaranse folletos informativos que estarán a disposición de usuarias e usuarios nos propios autobuses a partir desta fin de semana.

Lembramos que contan coa aplicación móbil “maisbus”, así como có teléfono de información do transporte urbano, 901120054, os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, no que lles poden informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada. Consulten calquera dúbida nos nosos perfís de twitter e facebook.

Documentación