tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESES SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Traslado temporal da parada do hospital Clínico (sábado 28/10/2017)

27/10/17

Con motivo das obras que se están a realizar no entorno da parada de autobuses urbanos do hospital Clínico, dita parada terá un traslado temporal durante a xornada do sábado 28 de outubro:

Durante o sábado 28 de outubro, ao ter pechado ao tráfico o sentido de circulación onde está a parada, os autobuses terán que circular pola parte oposta da calzada, realizando a parada á mesma altura que a parada existente. Os usuarios poden acceder aos autobuses a través da beirarrúa situada na mediana.

Esta modificación afecta ás liñas que pasan polo hospital Clínico: 1, 12, C2 e C4.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.