tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Modificación dos aforos máximos permitidos no transporte urbano (efectos desde as 00.00 horas do día 2 de outubro de 2021)

01/10/21

ORDE do 29 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autonóma de Galicia (DOG 189-BIS, xoves 30 de setembro de 2021)

O aforo máximo permitido nos autobuses de carácter urbano queda limitado do seguinte xeito:

  • Poderase ocupar a totalidade dos asentos. Manterase a separación máxima cando o nivel de ocupación o permita.
  • Establécese como límite de ocupación máxima dous terzos das prazas de pé, procurando que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible.
Lémbrase a obrigatoriedade do uso da máscara no transporte público. Non se poderán consumir alimentos no interior dos vehículos e deberán, igualmente na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar 

ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo.